Colexio "La Inmaculada"
PONTEAREAS


Luther King

Se soubese que mañán acababa o mundo, eu hoxe aínda plantaría unha árbore.

Martin Luther King

Mostrando entradas con la etiqueta Química 4. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Química 4. Mostrar todas las entradas

domingo, 24 de abril de 2016

miércoles, 21 de noviembre de 2012

Enerxías limpas

A necesidade agudiza o inxenio.


Lede o seguinte artigo e enterádevos de como unhas meniñas foron quen de artellar a maneira de ter enerxía eléctrica dun xeito moi barato!
Tamén hai outras experiencias nas que este producto, do que aínda non vos dou o nome, se utiliza como fertilizante biolóxico. Mirade aquí

Ben, e agora que xa sabedes de que substancia se trata, podedes decir que cantidade produce unha persoa ao día?

En que parte do noso organismo fabricamos esta substancia?


viernes, 20 de abril de 2012

Química virtual

Todo o que nos rodea está formado por átomos. Poden estar illados ou formando moléculas ou compostos que se reúnen en estructuras inertes formando minerais e rochas, ou seres vivos coma tí.
Pero a pesares das múltiples combinacións que se forman entre os elementos químicos, non ocorre de xeito fortuito.
Científicos como Boyle, Dalton, Lavoisier, Avogadro ou Meitner, pasaron parte da súa vida preguntándose e estudiando que leis rixen o comportamento da materia e como está formada. Para entender o comportamento químico da materia, é necesario coñecer como responde ás leis físicas. 


Mecánica cuántica e configuración electrónica