Colexio "La Inmaculada"
PONTEAREAS


Luther King

Se soubese que mañán acababa o mundo, eu hoxe aínda plantaría unha árbore.

Martin Luther King

Mostrando entradas con la etiqueta Bioloxía 3. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Bioloxía 3. Mostrar todas las entradas

martes, 3 de febrero de 2015

Aparellos circulatorio e excretor

Enlace con exemplos e exercicios


Busca as seguintes arterias no corpo humano e indica a que órgano van:
a) mesentérica;  b) ilíaca;  c) subclavia;  d) carótida

Busca as seguintes veas no corpo humano e indica de que parte veñen:
a) femoral;  b) basílica;   c) yugular;  d) poplítea  
Relaciona as catro imaxes seguintes con estes nomes e ideas
a) Sístole auricular
b) Contracción das paredes ventriculares
c) O sangue atravesa as válvulas mitral e tricúspide
d) Sístole ventricular 
e) Aurículas relaxadas
f) Válvulas sinusais abertas
g) Diástole




Aparellos e sistemas do corpo humano

Enlace moi interesante para repasar aparellos e sisrtemas do corpo humano


sábado, 22 de febrero de 2014

O aparato locomotor



Músculos do corpo humano

Consulta no enlace que aparece á dereita chamado O CORPO HUMANO en 3D e poderás estudar a anatomía humana dun xeito diferente, movendo ti mesmo as figuras e escollendo as partes que máis te gusten



martes, 30 de abril de 2013

Métodos anticonceptivos

Métodos de barreira
Condón masculino, condón feminino, esponxa e capuchón cervical.

Dispositivo intrauterino DIU  

Diagfragma















Métodos definitivos (ciruxía)

Vasectomía (no home)                                   Ligaddura de trompas (na muller)







                               

jueves, 14 de marzo de 2013

A función de relación

A función de relación é vital para o individuo pois grazas a ela pode enterarse do que pasa ao seu redor e no seu propio organismo e actuar en consecuencia.
Que sistemas participan nesta función?
O Sistema Nervioso, formado polo Sistema Nervioso Central e o Periférico
O Sistema Endocrino, producindo hormonas que libera en sangue. Mira este video
Os Sistemas Muscular e Esquelético responsables do movemento
e os Órganos dos Sentidos, especializados en captar estímulos diferentes.

Estímulos de diversa índole excitan ás neuronas do noso corpo e provocan unha resposta voluntaria ou involuntaria, positiva ou negativa, dependendo da súa natureza.

As drogas alteran o bo funcionamento do sistema nervioso. Tamén hai enfermidades que lle afectan

XOGOS PARA O TEU CEREBRO
1.-Podes obedecer a orde do enunciado?

Fai este test sobre o sistema nervioso
Mira nestes videos como grazas ao sistema nervioso e endocrino, podemos salvar a nosa vida en situación límite





miércoles, 21 de noviembre de 2012

Enerxías limpas

A necesidade agudiza o inxenio.


Lede o seguinte artigo e enterádevos de como unhas meniñas foron quen de artellar a maneira de ter enerxía eléctrica dun xeito moi barato!
Tamén hai outras experiencias nas que este producto, do que aínda non vos dou o nome, se utiliza como fertilizante biolóxico. Mirade aquí

Ben, e agora que xa sabedes de que substancia se trata, podedes decir que cantidade produce unha persoa ao día?

En que parte do noso organismo fabricamos esta substancia?


sábado, 17 de noviembre de 2012

Aparatos dixestivo e respiratorio


Animación moi simpática sobre o aparato dixestivo. Aqui outra máis

Animación sobre o proceso respiratorio. Aqui outra máis

Neste enlace podes repasar o estudiado na clase sobre os APARATOS DIXESTIVO E RESPIRATORIO.

Aqui tes un MAPA CONCEPTUAL

Para tomar aire e expulsalo o noso organismo realiza dous movementos chamados: INSPIRACIÓN e EXPIRACIÓN. Mira estes vídeo:




Aprendiches algo máis?. Compróbao facendo esta AUTOAVALIACIÓN


sábado, 20 de octubre de 2012

Os lípidos da cebola


Os aceites esenciais sulfurados da cebola provocan as bágoas cando entran en contacto coas mucosas e os ollos
As cebolas teñen  un alto contido en aceites esenciais sulfurados, moi volátiles e picantes. Ademais de proporcionar un sabor característico, estos aceites son os responsables do cheriño das cebolas, un aroma moi especial, que se dulcifica cando as cociñamos, pero que en crudo fainos chorar, ao entrar en contacto coas nosas mucosas e ollos.
En que tipo de lípidos clasificarías esta sustancia tan especial? 

jueves, 4 de octubre de 2012

A célula humana

A célula humana ten unha serie de características que podes repasar no seguinte enlace:
http://www.librosvivos.net/smtc/homeTC.asp?TemaClave=1063&idIdioma=GA

Intenta responder a estas cuestións a ver que tal o fas!
http://www.librosvivos.net/test.asp?idud=2242&id_libro=1564&id_marca=1000&idCodigoCesma=107759

As células organízanse formando TECIDOS. Os tecidos forman parte dos ÓRGANOS e estes agrúpanse en SISTEMAS ou APARATOS. Finalmente temos un organismo.

O corpo humano é unha máquina perfecta. Coñece un pouco máis sobre o teu organismo neste vídeo



jueves, 15 de marzo de 2012

Biodiversidade Mariña do Pacífico

Buceamos un pouco nas illas de Fiji e Tonga? Os arrecifes de coral con magníficas cores, ven pasar grandes bancadas de peixes tropicais. Tamén hai tiburóns, balenas xorobadas, covas submariñas, e un montón de habitantes máis que fan que este hábitat, por desgraza, sexa un atractivo turístico no Pacífico Sur.
Marabilloso o vídeo. Pincha no enlace e disfruta da pantalla completa como se tí foses tamén buceando. Ten música.

 http://www.youtube.com/embed/mcbHKAWIk3I

domingo, 11 de marzo de 2012

A función de nutrición nos seres humanos


A función de nutrición é aquela que nos permite tomar substancias procedentes do exterior e, a partires delas, obter enerxía para realizar as actividades vitais, e formar, renovar ou conservar as estructuras do noso corpo. Tamén é importante desfacerse daquelas substancias de refugallo que resultan prexudiciais para o noso corpo.
Para realizar a función de nutrición, o corpo humano dispón de catro aparellos ou sistemas:
APARELLO RESPIRATORIO:  
Formado polas vías respiratorias e os pulmóns. Nel se realiza o intercambio entre o medio externo (o aire) e o medio interno (o sangue) das moléculas gaseosas de osíxeno e dióxido de carbono. Ambas atravesan por DIFUSIÓN dúas finas capas celulares: á do alvéolo pulmonar e a do capilar sanguíneo.
Os pulmóns sempre teñen aire e son dúas bolsas húmidas aloxadas no tórax. No movemento de INSPIRACIÓN énchense máis grazas á contracción do músculo diafragma. No movemento de expiración a caixa torácica comprímese e o aire bótase fora pero xa con menos osíxeno (segue tendo unha pequena parte, por iso se pode reanimar a outra persoa co sistema do "boca a boca").



O APARELLO DIXESTIVO: É un tubo aberto que comeza na boca e remata no ano. Nel verten glándulas propias como as salivares, as estomacais e as duodenais, o outras accesorias como o páncreas e o fígado.
A función deste sistema é convertir o alimento que inxerimos, en nutriente que dixerimos. 
A dixestión mecánica está relacionada coa mastigación, movementos musculares como os peristálticos ou os do estómago. A dixestión química ocorre cando actúan os encimas sobre as moléculas máis complexas para "cortalas" e formar outras máis sinxelas. Ambas dixestións son simultáneas. Cando as moléculas de hidratos, lípidos e proteínas están reducidas á súa mínima expresión, glicosa, ácidos graxos e aminoácidos, son absorbidas polos micropeluxes do duodeno.
  
O APARELLO CIRCULATORIO está formado polo corazón que actúa de bomba, e os vasos sanguíneos que poden ser moi grosos como arterias e veas, máis finos como arteriolas e vénulas ou do diámetro dun cabelo como os capilares. A través deles circula o sangue, un líquido formado pola mestura de PLASMA e CÉLULAS sanguíneas entre as que se atopan os eritrocitos, os 5 tipos de glóbulos brancos e as plaquetas.  
Mediante un circuito dobre o sangue percorre todo o corpo e distribúe osíxeno e nutrientes a todas as células. Ao mesmo tempo recolle destas o dióxido de carbono e a urea.
O corazón ten 4 cavidades que se van dilatando para encherse de sangue (diástole) e contraendo para expulsala (sístole). É importante coñecer os dous circuitos e saber onde empezan e por onde pasan.





O APARELLO EXCRETOR é o encargado de fabricar urina e expulsar a urea. A urina é un líquido que se forma gota a gota nos riles. O sangue pasa polos riles aorredor de 36 veces ao día. Alí é filtrado nos nefróns quedando libre de impurezas e equilibrándose no contido en sales. O 96% da parte acuosa do sangue e a glicosa recupéranse antes de pasar á vexiga, polo que o volumen de urina é de 1,5 litros ao día.
As persoas que teñen mal este filtro natural, teñen que recurrir á hemodiálise  

martes, 28 de febrero de 2012

Non hai vida sen ADN



O ADN é a molécula na que se atopan os xenes característicos de cada especie. Sen ADN non hai vida.

A súa estructura molecular é moi complexa.

No seguinte video podemos ver como se produce a síntese protéica.



O PROXECTO XENOMA HUMANO intenta descifrar a secuencia de bases que se atopan no ADN das persoas e descifrar o seu significado.

lunes, 27 de febrero de 2012

O corpo humano interactivo






Tres son as funcións fundamentais do ser vivo.
O ser humano está formado por unha serie de aparellos e sistemas que lle permiten levalas a cabo. Son as seguintes:
NUTRICIÓN: Aparellos dixestivo, respiratorio, circulatorio e excretor.
RELACIÓN: Aparellos nervioso, hormonal, muscular e óseo.
REPRODUCCIÓN: Aparello reproductor.
Investiga aqui . Facendo un clic aprenderás un montón.

Aqui tamén atoparás animacións interesantes.