Colexio "La Inmaculada"
PONTEAREAS


Luther King

Se soubese que mañán acababa o mundo, eu hoxe aínda plantaría unha árbore.

Martin Luther King

lunes, 21 de enero de 2013

O Guernica de Picasso e a Paz

Para conmemorar o DÍA da PAZ e aproveitando que estabamos traballando o PLANO, os alumnos e alumnas de 3º  de ESO preparamos un mural sobre o Guernica de Picasso. 
Que vos parece como quedou?




Aprende a interpretar o GUERNICA aqui

lunes, 14 de enero de 2013

Estática de fluídos



Que é a PRESIÓN.
Mira aquí, e proba a contestar ás preguntas que se formulan ao final

Aquí tes as ideas principais sobre a ESTÁTICA de FLUÍDOS


PRINCIPIO DE PASCAL E APLICACIÓNS




Principio de Arquímedes en debuxos animados

domingo, 30 de diciembre de 2012

A célula eucariota

A célula eucariota chámase así porque ten verdadeiro núcleo. Aí atópase o material xenético protexido. Tamén presenta estructuras citoplasmáticas máis complexas ca procariota, e cada unha das cales ten unha función concreta dentro da célula.




jueves, 27 de diciembre de 2012

A célula procariota e o reino MONERA



As BACTERIAS son organismos unicelulares pertencentes ao reino Monera. A súa célula é procariota, é decir, non ten verdadeiro núcleo.

As bacterias proliferan con moita rapidez e facilidade. As condicións de temperatura, humidade, nutrientes, etc, teñen moita relevancia á hora de cultivar bacterias. Entra no laboratorio virtual.

Hai moitas máis bacterias beneficiosas que perxudiciais. 

Alexander Fleming e Louis Pasteur foron científicos famosos pola súa relación co mundo das bacterias.


O descubrimento de Fleming foi unha SERENDIPIA. Coñeces algunha serendipia máis no mundo da ciencia?. Se queres un positivo para clase deixa a túa aportación en "comentarios" co teu nome. 

miércoles, 26 de diciembre de 2012

O Trobador do Tea nº 7


Ola rapaces!
Ídevos preparando que xa está aquí a XII edición de "El Pais de los Estudiantes". Co noso xornal  "O Trobador do Tea" teremos a oportunidade de publicar entrevistas, fotografías, crear anuncios, investigar,.. Todo feito en equipo que é como máis nos gusta.
Se queredes recordar números pasados visitade a páxina de PUBLICACIÓNS do cole
Veña apuntádevos aquí

Vémonos o día 8.
BOAS FESTAS!

domingo, 23 de diciembre de 2012

Home

Nestes días de vacacións aproveitade para ver esta película. 
Trata sobre o irresponsable comportamento da humanidade, sobre todo nos últimos 200 anos, deteriorando os recursos da nai Terra.