Colexio "La Inmaculada"
PONTEAREAS


Luther King

Se soubese que mañán acababa o mundo, eu hoxe aínda plantaría unha árbore.

Martin Luther King

martes, 8 de mayo de 2012

Continentes inquietos

A comezos do século XX, os científicos sabían que os continentes estaban sometidos aos movementos verticais propostos pola teoría da ISOSTASE, pero estaban convencidos de que os continentes pola súa banda non experimentaban movementos horizontais.
Con Alfred Wegener nace o MOBILISMO en contraposición ao FIXISMO. Na súa "Teoría da Deriva Continental", Wegener consideraba o movemento dos continentes, flotando enriba dos mares.
Apoiábase en numerosos argumentos, xeográficos, xeolóxicos, peleoclimáticos e paleontolóxicos.
Aínda que errou ao imaxinar o motor dese desprazamento na rotación terrestre, e ao supoñer que eran os continentes os que se movían, a teoría de Wegener sentou as bases para iniciar a máis moderna Teoría da Tectónica de Placas.
Neste video podes apreciar mellor as diferencias entre ambas teorías:

Video sobre lava acolchada





O abismo Challenguer






No hay comentarios:

Publicar un comentario