Colexio "La Inmaculada"
PONTEAREAS


Luther King

Se soubese que mañán acababa o mundo, eu hoxe aínda plantaría unha árbore.

Martin Luther King

martes, 28 de febrero de 2012

Construción de polígonos regulares


Chámase polígono regular aquel que ten os seus ángulos e os seus lados iguais.

CENTRO C, é o punto que equidista dos vértices
RADIO R, é o segmento que une o centro cun vértice.
APOTEMA a, é o segmento que une o centro co punto medio dun lado


Podemos construír polígonos regulares inscritos en circunferencias ou a partir so seu lado.
A medida que aumenta o número de lados o polígono parécese cada vez máis a unha circunferencia.

O ángulo central dun polígono regular calcúlase dividindo 360º entre o número de lados:
Ángulo central = 360° : n  
 O ángulo interior dun polígono regular calcúlase restándolle a 180º a medida do ángulo central.
Ángulo interior =180° Ángulo central 

Resultan moi interesantes os polígonos estrelados.
Practica o xeito de debuxar poliógonos regulares e estrelados na entrada que preparei de exercicios.

A xeometría está moi presente no arte. Como exemplo entra aquí e sorpréndete!

3 comentarios:

  1. Susi, esto es muy difícil, hay que hacer otra cosa xD
    P.D: Te comenté en el blog, así que ahora me pones un positivo ;)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O esforzo e a constancia é o segredo de todo éxito. Ambas sabemos que cando queres fas todo moi ben! Non sexas vagoneta! Ánimo.

      Eliminar
  2. yo no soy vagoneta, lo que pasa es que este tema no me sale.

    ResponderEliminar