Colexio "La Inmaculada"
PONTEAREAS


Luther King

Se soubese que mañán acababa o mundo, eu hoxe aínda plantaría unha árbore.

Martin Luther King

domingo, 5 de febrero de 2012

O Bosque da Paz


Conmemórase o día da Paz en todos os coles e de moitos xeitos. Este ano no noso centro fixemos un "Bosque da Paz", porque tamén é importante harmonizar co noso entorno. Os de 4º de ESO confeccionamos unha árbore moi simpática, chea de mensaxes en forma de follas, pombas,... Puxémoslle un niño de verdade simbolizando os sentimentos bos que van medrar á sombra da nosa árbore. Non podía faltan Robin Hood defensor dos maís desfavorecidos e que por desgraza aínda botamos de menos nestes tempos. Unha camisa de cobra ao pe da árbore, significou o desexo de deixar atrás os rencores e mudar a actitudes máis favorecedoras da convivencia.  


      

Imos recordar un poema de Celso E. Ferreiro

IRMAUS
Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
 máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
 si os nosos berros son igoales,
coma un irmau che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
 e ti negro i eu branco,
 si temos semellantes as feridas,
 coma un irmau che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmau che falo.
Común temos a patria,
 común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
 coma un irmau che falo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario