Colexio "La Inmaculada"
PONTEAREAS


Luther King

Se soubese que mañán acababa o mundo, eu hoxe aínda plantaría unha árbore.

Martin Luther King

viernes, 24 de febrero de 2012

Ensinar a pensar

Sir Ernest Rutherford, presidente da Sociedade Real Británica e Premio Nobel de Química en 1908, contou a seguinte anécdota:

Hai algún tempo recibín a chamada dun colega. Estaba a piques de poñerlle un cero a un estudante pola resposta que dera a un problema de física, a pesares de que este afirmaba categoricamente que a súa resposta era absolutamente correcta.
Profesores e alumnos acordaron buscar unha arbitraxe imparcial e fun elixido eu.


Lin a pregunta da proba que dicía:
Demostre como é posible determinar a altura dun edificio coa axuda dun barómetro. O estudante respondera: levo o barómetro ata o tellado e  lle ato unha corda longa. Logo o descolgo ata a base do edificio e mido. A lonxitude da corda é igual á lonxitude do edificio.

O estudante realmente provocáralle un dilema ao profesor xa que respondeu á pregunta correcta e completamente. Se se lle concedía a puntuación máxima, podería cambiar o súa nota media 
de estudo, obter un maior grao e así asegurarse o seu alto nivel en física, pero por outra banda a resposta non confirmaba que o alumno tivese ese nivel.

Eu suxerín que se lle dera unha segunda oportunidade ao alumno para resolver o problema doutro xeito. Démoslle seis minutos para responderme á mesma pregunta pero esta vez co aviso de que a resposta debería demostrar o seu coñecemento de física.

Pasaran cinco minutos e o estudante non escribira nada. Pregunteille se quería saír, pero el dixo que tiña moitas respostas ao problema. A súa dificultade era elixir a mellor. Desculpeime por interrompelo e pedinlle que continuara.

No último minuto que lle quedaba escribiu a seguinte resposta:

Collo  o  barómetro e o deixo caer ao chan dende o tellado de  edificio, calculo o tempo de caída cun cronómetro. Tras a aplicación da fórmula  h = 0,5 a t2. , calcúlase a altura do edificio.
Nese punto, eu pregunteille ó meu colega se se podía retirar. Dinlle a nota máis alta.

Despois de deixar a oficina, atopeime de novo co alumno e pedinlle que me contase as outras respostas que dicía ter para o problema.

Hai moitas maneiras,- dixo el -, por exemplo, coller o barómetro  nun día soleado e medir a súa altura e a lonxitude da súa sombra. Se a continuación medimos a lonxitude da sombra do edificio e aplicamos unha proporción simple, obtemos tamén a altura do edificio.

Perfecto, dixen, tes máis solucións?.

Si- respondeu, este é un procedemento moi básico para medir a altura dun edificio, pero tamén serve. Consiste en coller barómetro e situarte nas escaleiras do edificio na planta baixa. A medida que vas subindo as escaleiras, vas marcando a altura do barómetro; contas o número de marcas ata a azotea e multiplicas a altura final do barómetro polo número de marcas que fixeches e xa tes a altura do edificio.

Este é un método moi directo.
Por suposto, se quere un procedemento máis sofisticado, pode atar o barómetro a unha corda e movelo coma se fose un péndulo. Se estimamos que, cando o barómetro está á altura do tellado a gravidade é cero, e se temos en conta a medida da aceleración da gravidade ao descender o barómetro en traxectoria circular ao pasar pola perpendicular do edificio, da diferenza destes valores, e aplicando unha sinxela fórmula trigonométrica, podemos calcular a altura do edificio.

Neste tipo de sistema, podes tamén coller o barómetro atalo a unha corda e descolgalo dende o tellado ata a rúa. Usándoo como un péndulo podes calcular a altura a través da medición do período de precesión.

Finalmente, concluíu, hai moitas outras formas. Probablemente o mellor é ir co barómetro, e petar na porta do porteiro. Cando a abra lle dis: "Sr Porteiro, aquí eu teño un bonito barómetro. Se me di a altura deste edificio regálollo."

Neste punto da conversa, pregunteille se el non sabía a resposta convencional ao problema (a diferenza de presión marcada polo barómetro en dous lugares distintos nos dá a diferenza de altura entre os dous lugares) . Dixo que evidentemente a sabía, pero durante os seus estudos, os seus profesores intentaran ensinalo a pensar.
O nome do estudante era Niels Bohr, físico dinamarqués, Premio Nobel de Física en 1922, máis coñecido por ser o primeiro en propoñer o modelo do átomo con protóns, neutróns e electróns que o rodean. Foi sobre todo un innovador da teoría cuántica.

Independentemente do carácter, divertido e curioso sobre a historia, a esencia desta historia é que el fora ensinado a pensar.

Por certo e para os escépticos, esta historia é absolutamente verídica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario