Sempre se considerou a Monet como o máximo representante do IMPRESIONISMO. Indudablemente, Monet é un impresionista puro, nunca abandoou este estilo. Ao longo da súa dilatada carreira, chegou a executar cerca de tres mil cadros. A súa máxima preocupación é plasmar a vibración cromático-lumínica nos seus lenzos. A súa retina capta habilmente o reflexo da luz en calquer lugar: nunha superficie acuática, nun chan nevado ou na porta dunha catedral. Os seus temas preferidos son as mariñas, esceas fluviais e paisaxes. Achégate a Monet neste paseo virtual polas súas obras máis fermosas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario