Colexio "La Inmaculada"
PONTEAREAS


Luther King

Se soubese que mañán acababa o mundo, eu hoxe aínda plantaría unha árbore.

Martin Luther King

domingo, 11 de marzo de 2012

A función de nutrición nos seres humanos


A función de nutrición é aquela que nos permite tomar substancias procedentes do exterior e, a partires delas, obter enerxía para realizar as actividades vitais, e formar, renovar ou conservar as estructuras do noso corpo. Tamén é importante desfacerse daquelas substancias de refugallo que resultan prexudiciais para o noso corpo.
Para realizar a función de nutrición, o corpo humano dispón de catro aparellos ou sistemas:
APARELLO RESPIRATORIO:  
Formado polas vías respiratorias e os pulmóns. Nel se realiza o intercambio entre o medio externo (o aire) e o medio interno (o sangue) das moléculas gaseosas de osíxeno e dióxido de carbono. Ambas atravesan por DIFUSIÓN dúas finas capas celulares: á do alvéolo pulmonar e a do capilar sanguíneo.
Os pulmóns sempre teñen aire e son dúas bolsas húmidas aloxadas no tórax. No movemento de INSPIRACIÓN énchense máis grazas á contracción do músculo diafragma. No movemento de expiración a caixa torácica comprímese e o aire bótase fora pero xa con menos osíxeno (segue tendo unha pequena parte, por iso se pode reanimar a outra persoa co sistema do "boca a boca").



O APARELLO DIXESTIVO: É un tubo aberto que comeza na boca e remata no ano. Nel verten glándulas propias como as salivares, as estomacais e as duodenais, o outras accesorias como o páncreas e o fígado.
A función deste sistema é convertir o alimento que inxerimos, en nutriente que dixerimos. 
A dixestión mecánica está relacionada coa mastigación, movementos musculares como os peristálticos ou os do estómago. A dixestión química ocorre cando actúan os encimas sobre as moléculas máis complexas para "cortalas" e formar outras máis sinxelas. Ambas dixestións son simultáneas. Cando as moléculas de hidratos, lípidos e proteínas están reducidas á súa mínima expresión, glicosa, ácidos graxos e aminoácidos, son absorbidas polos micropeluxes do duodeno.
  
O APARELLO CIRCULATORIO está formado polo corazón que actúa de bomba, e os vasos sanguíneos que poden ser moi grosos como arterias e veas, máis finos como arteriolas e vénulas ou do diámetro dun cabelo como os capilares. A través deles circula o sangue, un líquido formado pola mestura de PLASMA e CÉLULAS sanguíneas entre as que se atopan os eritrocitos, os 5 tipos de glóbulos brancos e as plaquetas.  
Mediante un circuito dobre o sangue percorre todo o corpo e distribúe osíxeno e nutrientes a todas as células. Ao mesmo tempo recolle destas o dióxido de carbono e a urea.
O corazón ten 4 cavidades que se van dilatando para encherse de sangue (diástole) e contraendo para expulsala (sístole). É importante coñecer os dous circuitos e saber onde empezan e por onde pasan.





O APARELLO EXCRETOR é o encargado de fabricar urina e expulsar a urea. A urina é un líquido que se forma gota a gota nos riles. O sangue pasa polos riles aorredor de 36 veces ao día. Alí é filtrado nos nefróns quedando libre de impurezas e equilibrándose no contido en sales. O 96% da parte acuosa do sangue e a glicosa recupéranse antes de pasar á vexiga, polo que o volumen de urina é de 1,5 litros ao día.
As persoas que teñen mal este filtro natural, teñen que recurrir á hemodiálise  

No hay comentarios:

Publicar un comentario