Exercitatio anatomica de motu cordis et sanguinis in animalibus
(fragmento adaptado)
Así, o corazón é a fonte orixinaria da vida e o sol do pequeno mundo (microcosmos), de igual xeito que o Sol deberá denominarse, en correspondente equivalencia, corazón do mundo (macrocosmos). Pola súa potencia e os seus impulsos móvese o sangue, perfecciónase e nútrese, quedando salvagardado da corrupción e a destrución. E á súa vez procura os seus servizos a todo o corpo pola nutrición, o quentamento e a vitalización. […]
Permítasenos que lle chamamos circulación a este movemento, no mesmo sentido en que Aristóteles comparaba o tempo atmosférico e a chuvia cun movemento circular das rexións superiores. […]
Do mesmo xeito como a calor do Sol provoca a circulación da auga para o mantemento e a vitalización dos seres vivos sobre a Terra, así tamén deberá ocorrer nos corpos: que todas as súas partes se nutran, se caldeen e se vivifiquen polo movemento do sangue, grazas a un sangue quente e con capacidade de nutrición.
William HARVEY.
1.-William Harvey (1578-1657), médico e profesor de anatomía comparada, contribuíu dun xeito decisivo ao descubrimento da circulación sanguínea. Busca información sobre outros científicos que contribuíron ao
coñecemento do noso organismo e elabora unha ficha de cada un deles.
2.-Con que dificultades para desenvolver os seus estudos se debeu atopar William Harvey naquela época?
coñecemento do noso organismo e elabora unha ficha de cada un deles.
2.-Con que dificultades para desenvolver os seus estudos se debeu atopar William Harvey naquela época?
No hay comentarios:
Publicar un comentario