Comezamos unha nova unidade titulada: estados de agregación da materia.
Sabes a que se lle chama materia? Que características ten?A densidade é unha das súas propiedades características. Mira estes problemas resoltos
E agora neste vídeo un avance do tema
E agora neste vídeo un avance do tema
Que sabes sobre os estados de agregación da materia? Cantos coñeces?
Os cambios dun estado a outro na materia reciben nomes como:
Por que non varía a temperatura dun sistema mentras se produceun cambio de estado? En que se utiliza toda a enerxía absorbida polo mesmo? Como se representa este fenómeno de xeito gráfico? Aprende máis aquí.
Neste enlace podes seguir un por un os pasos para facer unha gráfica de cambios de estado.
E neste outro a última gráfica. Quedoute claro?
O CALOR LATENTE de CAMBIO de ESTADO é a cantidade de enerxía en Xulios que se necesitan por cada Kg de masa para realizar un cambio de estado.
Nos proceso ENDOTÉRMICOS (fusión, vaporización e sublimación) o valor é positivo porque se absorbe enerxía.
Lf.- Calor latente de fusión. Cantidade de enerxía necesaria para cambiar unha masa de materia dende o estado sólido ao líquido.
Lv.- Calor latente de vaporización. Cantidade de enerxía necesaria para cambiar unha masa de materia dende o estado líquido ao gasoso.
Nos procesos EXOTÉRMICOS (licuación ou condensación, solidificación e sublimación regresiva) o valor é negativo porque se desprende enerxía.
Ll.- Calor latente de licuación. Cantidade de enerxía que se desprende ao cambiar unha masa de materia dende o estado gasoso ao líquido.
Ls.- Calor latente de solidificación. Cantidade de enerxía que se desprende ao cambiar unha masa de materia dende o estado líquido ao sólido.
A Teoría Cinética da Materia explica as características de sólidos, líquidos e gases así como o comportamento da materia durante os cambios de estado.

Chámase presión atmosférica á presión que exerce a atmósfera sobre a superficie terrestre e sobre os corpos que se atopan nela. Utilízase o BARÓMETRO para medila. Queres facer o teu propio mapa do tempo?
LEIS DOS GASES
Lei de Boyle- Mariotte
Grazas aos estudos destes dous científicos enunciouse a seguinte lei :
O VOLUME dun gas diminúe ao aumentar a PRESIÓN, (A temperatura constante, procesos ISOTÉRMICOS)
Para a mesma masa dun gas, e nun recipiente pechado, se a temperatura se mantén constante, a presión e o volume son magnitudes inversamente proporcionais. É decir, que se aumenta a presión dentro dese recipiente, o volume diminúe, e viceversa.
P. V = P'. V'
1º Lei de Charles e Gay- Lussac (tamén chamada simplemente Lei de Charles)Grazas aos estudos destes dous químicos franceses enunciáronse 2 leis
O VOLUME dun gas aumenta coa TEMPERATURA (A presión constante, procesos ISOBÁRICOS))
Para a mesma masa dun gas, e nun recipiente pechado, se a presión se mantén constante, o volume e a temperatura son magnitudes directamente proporcionais.
V/T = V'/ T'
2ª Lei de Charles e Gay Lussac (tamén chamada simplemente Lei de Gay Lussac)
A PRESIÓN dun gas aumenta coa TEMPERATURA (a volume constante, procesos ISOCOROS)
Para a mesma masa dun gas, e nun recipiente pechado, se o volume se mantén constante, a presión e a temperatura son magnitudes directamente proporcionais.
P/T = P'/ T'
Nestas dúas últimas leis a temperatura debe expresarse en kelvin.
Moi inxenioso o triángulo, así é máis doado.
ResponderEliminarPois sí!. Noraboa polo Notable en física. Sigue así!
Eliminar