Colexio "La Inmaculada"
PONTEAREAS


Luther King

Se soubese que mañán acababa o mundo, eu hoxe aínda plantaría unha árbore.

Martin Luther King

miércoles, 21 de noviembre de 2012

Exercicios de dinámica


PROBLEMAS DE DINÁMICA

1.-Un resorte en repouso mide 15 cm e se colgamos del unha masa de 3 kg alóngase 10 cm. Calcula a súa constante elástica en unidades do S.I. Que masa debemos colgar se queremos que se alongue 22 cm?

2.-Un resorte mide 30 cm cando lle colgamos 200 g, e a súa lonxitude é de 40 cm cando lle colgamos 325 g. Calcula: a) a lonxitude do resorte en repouso; b) a constante do resorte en N/m e en Kilopondios/m.

3.-A lonxitude dun resorte sen carga é de 20 cm. Se se suspende do seu extremo un corpo que pesa 12 N a súa lonxitude é de 25 cm. Calcula a constante de recuperación do resorte e a súa lonxitude cando se suspende del un corpo de 600 g.

4.- Dados os seguintes vectores calcula gráficamente a súa resultante de 3 formas diferentes.


5.-Unha lámpada de 100 N de peso está pendurada do teito por unha cadea. Cal é a tensión da devandita cadea no punto de enganche da lámpada?Especifica o seu módulo, dirección e sentido. Fai un debuxo.

6.-Unha barra de 2 m está pendurada do teito mediante dúas cordas de igual lonxitude. Un corpo de 20 Kg pendura da barra a 50 cm dun dos extremos. Que forza exerce cada corda?

7.- Un foco pendúrase dunha corda que está en equilibrio baixo a acción dunhas pesas segundo se indica na figura. Cal é a masa do foco?


8.- Aplícase unha forza de 40 N sobre unha caixa e esta móvese cunha aceleración de 2,5 m/s2 nunha superficie horizontal. Existe forza de rozamento? En caso afirmativo, canto vale o coeficiente?.

9.- Un paralelepípedo de aceiro é lanzado sobre unha superficie horizontal a velocidade de 4m/s. Se a súa masa é de 1,5 Kg e o coeficiente de rozamento vale 0,2, calcula:
a)a forza normal entre o móbil e a superficie.
b) a forza de rozamento,
c) a aceleración producida pola Fr,
d) o tempo que tarda en pararse.
e) debuxa o sisteme descrito.

10.- Dous rapaces están patinando sobre xeo e chocan. O rapaz de 60 Kg de masa empurra á rapaza cunha forza de 10 N. Sabendo que a rapaza ten 40 Kg de masa calcula que aceleración experimenta. Que forza actúa sobre o rapaz e que aceleración sofre? Cal é a Lei da Dinámica coa que se explica este problema?





No hay comentarios:

Publicar un comentario