Colexio "La Inmaculada"
PONTEAREAS


Luther King

Se soubese que mañán acababa o mundo, eu hoxe aínda plantaría unha árbore.

Martin Luther King

viernes, 7 de diciembre de 2012

As Leis dos Gases

EXERCICIOS RESOLTOS

1.- A unha presión de 1 atm unha mostra dun gas ocupa un volume de 10 l. Que volume ocupará se reducimos a presión ata 0,2 atm mantendo a temperatura constante?
Como a temperatura é constante aplicamos a Lei de Boyle e Mariotte
sendo P1 a presión inicial de 1 atmósfera, V1 o volume inicial de 10 litros e P2 a presión final de 0,2 atmósferas
Despexando a ecuación resulta que o volume final será:
V2 = (P1 x  V1)/ P2 = ( 1 atm x 10 l ) / 0,2 atm = 50 l

2.- Certa cantidade dun gas ten un volume de 5 l a - 73 ºC. Cal será o seu volume a 27 ºC se a presión non varía?
Como a presión permanece constante aplicamos a 1ª Lei de Charles e Gay-Lussac
sendo V1 o volume inicial de 5 l, T1 a temperatura inicial de 200 K ( -73 ºC + 273 = 200 K) e T2 a temperatura final de 300 K ( 27 ºC + 273 = 300 K)
Despexando da ecuación, temos que o Volume final será:
  T2 = (V1 x T2)/ T1 = (5 l x 300 K)/ 200 K = 7,5 l

3.- Calcula cantas bombonas de 200 l de capacidade e a 5 atm de presión se poden encher con gas propano dun depósito de 500 metros cúbicos de 10 atm de presión.
Como a temperatura é constante aplicamos a Lei de Boyle e Mariotte, sendo P1 a presión inicial de 10 atmósfera, V1 o volume inicial de 500.000 l (1 metro cúbico ten 1000 l) e P2 a presión final de 5 atmósferas
Despexando a ecuación resulta que o volume final será:
V2 = (P1 x  V1)/ P2 = ( 10 atm x 500.000 l ) / 5 atm = 1.000.000 l
Como en cada bombona so caben 200 l, poderemos encher:
1.000.000 l / 200 l = 5.000 bombonas

AGORA INTÉNTAO TI:
1.- A presión dun gas sobre as paredes dun recipiente é de 3,2 atmósferas cando ocupa un volume de 2,5 l. Que presión exercerá se o volume o reducimos a 1,2 l? E se o aumentamos a 4,6 l?  Se a temperatura é constante, que Lei dos gases se cumpre? Enúnciaa. Sol: 6,6 atm.

2.- Experimentando a temperatura constante cun gas metido nun recipiente, ímoslle variando o volume mediante un émbolo e medindo a presión en cada caso. Os datos aparecen na táboa.

Volume (l)
1,0
1,5
2,0
4,5
5,4
Presión (atm)
5,4
3,6
2,7
1,2
1,0

Cúmprese a Lei de Boyle?  Fai a gráfica e explica por que ten esa forma. Cal será a presión para un volumen de 2,5 l? Sol: 2,16 atm

3. Unha determinada cantidade de aire atópase nunha ola a presión. A temperatura é de 100 ºC e a presión de 1,7 atm. Se baixamos a temperatura a 0ºC, cal será a nova presión?. E se a subimos a 250 ºC? Sol: 1,24 atm; 2,38 atm

4.- Experimentando a volume constante con gas hidróxeno e ir variando a temperatura, medimos os datos de presión que aparecen na táboa. Cúmprese a 2ª Lei de Charles e Gay- Lussac?. Fai a gráfica correspondente. Hai algún valor mal tomado?. Cal será a presión a 250 ºC?. Sol: 2,126 atm

Presión (atm)
0,5
1,11
1,52
1,7
2,55
Temperatura(ºC)
-150
0
100
200
350

5. Experimentando a P cte con hidróxenos gas e ir variando a temperatura, medimos o volume e elaboramos a táboa seguinte. Comproba se se cumpre a 1ª Lei de Charles e Gay- Lussac e representa a gráfica. Cal será o volume a 350ºC?. Sol: 8,47 atm

Volume (l)
2,36
4
5,77
7,14
9,87
Temperatura(ºC)
-100
20
150
250
450

6. Temos aire a 20 ºC ocupando un volume de 4 l. Se se cumpre a 1ª Lei de Charles e Gay- Lussac, cal será o seu volume se o quentamos ata 200 ºC?. E se o enfriamos ata os 0ºC?. Sol: 6,45 l; 3,72 l
7. Nun recipiente de 2 l temos hidróxeno a 20 ºC e 1 atm de presión. Cal será a súa presión se aumentamos a temperatura ata os 100 ºC nun volume de 3 l? Sol: 0,84 atm

8. Temos 20 l de gas helio a 2 atm de presión e 100 ºC de temperatura. Pasámolo a outro recipiente con 1,5 atm e a o ºC. Que volume ocupa agora?. Sol: 19 l

9. Nun recipiente de 5 l de volume temos aire a 1 atm de presión e oºC de temperatura. Diminuímos o volume a 2l e a presión resulta ser de 3 atm. A que temperatura se atopa? Sol: 54,6 ºC

10.- Unha xeringuilla contén certa cantidade de aire e quéntase ata os 370 K. A continuación introdúcese en auga moi fría e obsérvase que o émbolo descende. Das seguintes variables cales cres que foron modificadas: volume do gas, temperatura, presión, enerxía cinética das partículas? Que lei dos gases explica este fenómeno?

No hay comentarios:

Publicar un comentario